Buxos Verdes de Vilalba abre a matrícula para as súas clases de baile e música tradicional

TerraChaXa
O custo das actividades é de 16 euros para persoas socias da asociación e de 20 euros para as non socias
clases-buxos-verdes
5 Oct 2025

A asociación cultural Buxos Verdes de Vilalba vén de anunciar a apertura do prazo de inscrición para as súas clases de baile e de música tradicional, que terán lugar no Conservatorio de Música de Vilalba.

As sesións de baile estarán impartidas por Rebeca Tallón e desenvolveranse os xoves alternos. Haberá dous niveis: perfeccionamento, de 19:00 a 20:20 horas, e iniciación, de 20:30 a 21:50 horas.

Pola súa parte, Ricardo García será o responsable das clases de gaita, tambor, bombo e pandeireta, que se celebrarán os xoves e venres en horario de 19:30 a 22:00 horas.

O custo das actividades é de 16 euros para persoas socias da asociación e de 20 euros para as non socias. Desde Buxos Verdes lembran que a matrícula está aberta e animan á veciñanza a inscribirse canto antes. Para máis información e reservas é posible chamar ou enviar unha mensaxe de WhatsApp ao teléfono 650 79 70 48.

⚙ Configurar cookies
0.10026001930237