Cabaleiros de Abadín celebra o sábado unha nova ruta cabalar

TerraChaXa
Non terá carácter competitivo e cada participante deberá responsabilizarse do seu cabalo
ruta-cabalar-abadin
27 Mar 2026

O club Cabaleiros de Abadín celebrará este sábado 28 de marzo, a cuarta edición da súa Ruta Cabalar, que dará comezo ás 10.00 horas con saída do Campo da feira de Gontán e chegada ao mesmo lugar arredor das 14.30 horas.

Como colofón da ruta celebrarase un xantar no campo da feira servido por Hermanos Debasa a un prezo de 28 euros. Haberá unha sesión vermú con Dj Peabody.

Lembra a organización que a ruta non terá carácter competitivo e cada participante deberá responsabilizarse do seu cabalo.

0.1156919002533