Cabaleiros de Abadín organiza unha nova ruta cabalar

TerraChaXa
A ruta non terá carácter competitivo e cada participante deberá responsabilizarse do seu cabalo
ruta-cabalar-abadin
10 Mar 2025

O club Cabaleiros de Abadín celebrará o sábado 22 de marzo, a terceira edición da súa Ruta Cabalar, que dará comezo ás 10.00 horas con saída do Campo da feira de Gontán e chegada ao mesmo lugar arredor das 14.30 horas.

Como colofón da ruta celebrarase un xantar no campo da feira servido por Hermanos Debasa a un prezo de 26 euros. Haberá unha sesión vermú con Dj Peabody.

Lembra a organización que a ruta non terá carácter competitivo e cada participante deberá responsabilizarse do seu cabalo.

As persoas que desexen participar poden facelo nos teléfonos 657 184 532 e 674 486 628 e para asistir á comida non é necesario facer a ruta a cabalo.

⚙ Configurar cookies
0.63088989257812