Cabalgata estática en Xermade o día 5

TerraChaXa
Xermade optará tamén este ano pola Cabalgata estática, que terá lugar o día 5 ás 17.00 horas na praza da Concello.
cabalgata reis magos xermade portada
4 Xan 2022

Xermade optará tamén este ano pola Cabalgata estática, que terá lugar o día 5 ás 17.00 horas na praza da Concello. Os Reis Magos saudarán aos nenos dende o balcón do Concello.

Se o tempo non acompaña, a sesión trasladarase ao pavillón municipal, onde os pequenos poderán ver aos reis seguindo un percorrido claramente marcado con entrada e saída diferenciadas.

O Concello lembra a todos os nenos que o buzón real estará situado no Concello, onde poderán enviar as cartas que desexen ás súas maxestades.

0.10101985931396