Cabreiros acolle o xoves unha charla sobre dano cerebral

TerraChaXa
A Casa Escola de Cabreiros acollerá o xoves 22 de setembro, unha charla sobre dano cerebral adquirido, organizada por Adace Lugo.
charla dano cerebral adquirido cabreiros portada
18 sep 2022

A Casa Escola de Cabreiros acollerá o xoves 22 de setembro, unha charla sobre dano cerebral adquirido, organizada por Adace Lugo, a partir das 18.00 horas.

A intervención estará ao cargo de Pablo Freire Portela, traballador social de Adace Lugo.

A charla está dirixida a toda a poboación, centrada na prevención dos traumatismos cranioencefálicos derivados de distintos riscos asumidos como accidentes de tráfico, golpes, contusións e caídas.

Tamén se falará sobre o ictus, dado que o exercicio físico realizado ao camiñar ou pedalear é un hábito moi saudable que, combinado con outros, axuda á prevención do que é a principal causa do dano cerebral adquirido.

charla dano cerebral adquirido cabreiros
0.21454191207886