A Pastoriza acolle unha charla para coidadores de persoas con dependencia

TerraChaXa
As aulas de formación do Concello da Pastoriza acollen este mércores unha charla para coidadores de persoas en situación de dependencia.
formacion coidadores a pastoriza portada
23 Xul 2023

As aulas de formación do Concello da Pastoriza, no polígono do Acebreiro, acollen este mércores, 26 de xullo, unha charla dirixida a coidadores de persoas en situación de dependencia.

A ponencia está ao cargo de Afalu (Asociación de familiares de enfermos de alzheimer e outras demencias neurodexenerativas de Lugo) e terá horario de 16.00 a 21.00 horas.

Na sesión tratarse de ofrecer unha guía para ofrecer o mellor coidado e protexerse o coidador.

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse nos servizos sociais do Concello, nos teléfonos 982 332 197 e 629 534 793 ou no correo s.sociais@concellodapastoriza.es.

formacion coidadores a pastoriza
0.17748117446899