Cabreiros celebra a fin de semana as súas patronais
TerraChaXa
Estas xa arrancarán o venres 12 coa primeira verbena, que estará ao cargo de M-3 Show e DJ Son1c
11 Xul 2024
A localidade xermadesa de Cabreiros estará de festa esta fin de semana, as celebracións patronais na honra a Santa Mariña.
Estas xa arrancarán o venres 12 coa primeira verbena, que estará ao cargo de M-3 Show e DJ Son1c.
O sábado haberá misa solemne ás 13.30 horas seguida da tradicional procesión e a sesión vermú coa orquestra Escaparate, que se ocupará pola noite da verbena xunto á Furia Joven.
O domingo 14, a sesión musical estará ao cargo da orquestra Grupo Unión que se ocupará da sesión vermú despois das 13.30 horas, hora da misa, e volverá actuar pola noite con Fuerza, que porán o punto final ás festas.
Haberá sorteos os venres e o sábado durante a verbena.