Cabreiros celebra as festas na honra a Santa Mariña do 11 ao 13 de xullo

TerraChaXa
O venres 11 de xullo, a partir das 23:00 horas, dará comezo a verbena coa actuación da orquestra Escaparate
programa-festas-cabreiros
9 Jul 2025

A parroquia de Cabreiros, en Xermade, vivirá os días 11, 12 e 13 de xullo as súas tradicionais festas na honra a Santa Mariña, cunha programación que combinará música, tradición e celebración veciñal.

O venres 11 de xullo, a partir das 23:00 horas, dará comezo a verbena coa actuación da orquestra Escaparate, marcando o inicio das festas con música e ambiente festivo.

O sábado 12 de xullo celebrarase ás 13:30 horas a misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú, a cargo da orquestra Los Españoles. Pola noite, a festa continuará cunha gran verbena na que actuarán Los Españoles e o grupo Máster. Durante a xornada, realizarase tamén un sorteo de 500 puntos entre os asistentes.

As festas pecharanse o domingo 13 de xullo coa tradicional misa solemne, procesión e sesión vermú ás 13:30 horas, nesta ocasión amenizada polo grupo Alba, que porá o broche musical a tres días de celebración.

⚙ Configurar cookies
0.16476392745972