Cabreiros inicia o luns o programa Camiños do coñecemento da USC
Cabreiros inicia o luns un novo ciclo de charlas divulgativas baixo o título Camiños de coñecemento e experiencia. Proxecto de democratización do conecemento.
Este ciclo está impartido pola USC e organizada polo IV Ciclo ou formacion universitaria para os maiores de 50 anos.
As datas de celebración son do 22 ao 26 e o 31 de maio e impartirase na Casa escola de Cabreiros, en horario de de 16.30 a 18 horas.
As ponencias arrancarán o 22 falando de astronomía e os reloxos de sol para continuar ao día seguinte cunha sesión de práctica de como construír un reloxo de sol.
A fauna na paisaxe será o tema a tratar na seión do mércores para continuar cun seminario sobre museos e patrimonio cultural aproveitando o aniversario do Museo Provincial de Lugo. Unha saída ao museo pechará a semana para rematar o curso o mércores 31 cunha sesión práctica sobre fauna e paisaxe nun lugar por determinar.
Para máis información e matriculación haberá que poñerse en contacto co Concello de Xermade no teléfono 982 501 001.