Cabreiros organiza un obradoiro de elaboración de queixos
TerraChaXa
O prazo para anotarse remata o 16 de decembro
15 Dec 2024
O vindeiro xoves 19 de decembro, de 16:00 a 18:30 horas, terá lugar un obradoiro de elaboración de queixos na Casa-Escola de Cabreiros.
A actividade está organizada pola ONG Ecos do Sur e será impartida pola Queixería Biscato, ofrecendo unha oportunidade única para aprender o proceso artesanal deste produto.
O evento está aberto a todas as persoas interesadas, con dispoñibilidade de 10 prazas, que se asignarán por orde de inscrición. O prazo para anotarse remata o 16 de decembro. Para máis información, pódese contactar coa organización.