Cabreiros porá en marcha en outubro un club de lectura

TerraChaXa
Cabreiros quere iniciar un club de lectura a partir dos mes de outubro para o que abriu un prazo de inscrición, que remata o 31 de xullo.
dia libro leer lectura  1
21 Xul 2023

Cabreiros quere iniciar un club de lectura a partir dos mes de outubro para o que abriu un prazo de inscrición, que remata o 31 de xullo.

Esta iniciativa naceu nas pasadas Xornadas Interxeracionais Rurais durante a conferencia impartida polo bibliotecario local, Marcos Saavedra, que ofreceuse a organizar e impulsar un club de lectura.

O obxectivo é formar un grupo de 7 ou 8 persoas que se reunirán unha vez ao mes. Centraranse en obras doadas de ler, revistas, visualizado dalgún programa, etc... para conversar despois nas reunións.

Inicialmente reuniranse na casa escola de Cabreiros e avisarán con antelación do día das reunións.

Está aberto a todas as idades, desde nenos a maiores porque o obxectivo é que o club sexa interxeracional. As persoas interesadas en anotarse poden facelo no 686 104 780.

0.15714001655579