O sábado 26 comezan as XIV Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros

TerraChaXa
O Concello de Xermade, a Asociación veciñal de Cabreiros e a Facultade de CC da Educación da Universidade de Santiago realizarán este ano unha nova edición das  Xornadas Interxeracionais Rurais, que se celebrarán en Cabreiros os días 26 de maio, 1, 2 e 9 de xuño porXIV ano consecutivo.
2
25 May 2018

O Concello de Xermade, a Asociación veciñal de Cabreiros e a Facultade de CC da Educación da Universidade de Santiago realizarán este ano unha nova edición das  Xornadas Interxeracionais Rurais, que se celebrarán en Cabreiros os días 26 de maio, 1, 2 e 9 de xuño porXIV ano consecutivo.

Como e anos anteriores o programa que se desenvolverá busca a colaboración en parte das actividades, coma as experiencias innovadoras no sector agrogandeiro ou o Laboratorio de Radio, onde veciños  do concello formarán parte dunha tarde do máis entretida. O obxectivo final é a participación conxunta das distintas xeracións de veciños.

O primeiro día, o 26 de maio, adicarase á Actividade agraria como recurso para a prevención do lume, co obxectivo por un lado de coñecer as posibilidades do monte e como xestionalo para a prevención do lume e por outro, complementando a actividade da mañá, presentando Experiencias innovadoras e emprendedoras que facilitan a prevención. Contaran con dúas empresas de animais e dúas froiteiras.

O día 1 de xuño desprazaranse ao CEIP de Xermade, que colabora coas Xornadas nos xogos populares e tradicionais. Dende a organización non queren esquecer a importancia do xogo na vida, a riqueza do xogos populares e a súa visibilización entre a poboación máis nova.

O día 2 adicarase durante a mañá á saúde, onde Sonia Gómez, psquiatra, falará dos Estigmas sociais das enfermidades mentais, e Fernando Prieto, veciño de Xermade, contará a súa visión e experiencia. Rematarán a mañá cun Obradoiro práctico de primeiros auxilios impartido por Mª Jesús Castro Abella, doutora no PAC de Villalba e Manuel Cabarcos Calvo, Técnico de Emerxencias Sanitarias.

A tarde estará adicada ao Laboratorio de Radio dirixido por Lucía Abarrategui e Sergio Pascual. Unha parte estará adicada a coñecer a experiencia de Brais Couto Carbia, alumno de Educación Social da Universidade de Santiago de Compostela que estivo durante un mes realizando as súas prácticas no concello de Xermade e convivindo cunha familia de Miraz. A última parte estará protagonizada por unha serie de veciños de Xermade que protagonizarán o Radioteatro, a ficción sonora da obra de teatro O ladrón das letras grandes.

O día 9 rematarán as Xornadas coa entrega de distincións aos traballos máis destacados no IV Premio de Investigación Xermade na historia e facendo a convocatoria do V Premio.

Finalizada a mañá e haberá unha charla Entre tornos e torneiros, onde María Martín Seijo presentará un traballo sobre Arqueoloxía da madeira dende a Idade de Ferro ata a Idade Media e despois falará Vicente Ledo, torneiro e cocreador do Encontro Internacional de Torneiros de Xermade.

Pola tarde, falarase do  e haberá demostracións prácticas da utilización do torno. Contaremos coa colaboración da Asociación Amigos da Madeira de As Pontes e de Lolo de Severiano, maestro artesán ao que describen os expertos coma "o torneiro que fala coas mans".

TRIPTICO INTERIOR cores novas LETRA A UN LADO.psd
0.17891597747803