Caixa rural aproba as súas contas de 2024 cun resultado histórico

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
Destaca un beneficio neto de preto de 32 millóns de euros, o que supón un incremento superior ao 47% respecto do ano anterior
asamblea-cuentas-caixa-rural
17 May 2025

Caixa Rural Galega celebrou a súa Asemblea Xeral anual en Lugo coa presenza do Consello Reitor da cooperativa de crédito, presidida por Manuel Varela, e os representantes das Xuntas Preparatorias celebradas durante estas últimas semanas nas localidades de Barreiros, Ourense, Cambados, Lugo e Vigo.

O punto máis relevante da orde do día foi a aprobación das contas do exercicio 2024, das que destaca un beneficio neto de preto de 32 millóns de euros, o que supón un incremento superior ao 47% respecto do ano anterior e novamente unha cifra récord para a Entidade con sede en Lugo.

Este incremento é debido á mellora de marxes, froito da subida de tipos de xuro oficiais, iniciada polo Banco Central Europeo a finais de 2022, así como incrementos de volume xestionado e melloras en eficiencia.

As contas recollen uns activos que superan os dous mil trescentos corenta (2.340) millóns de euros e que supoñen un crecemento algo superior ao 15% respecto do ano anterior. Os depósitos de clientes acadan os dous mil cento vinte (2.120) millóns de euros e a inversión crediticia acada preto de novecentos (900) millóns de euros, en termos netos, o que supón uns incrementos para ambas partidas do 15% e do 6,5% respectivamente. A inversión crediticia bruta acadou os novecentos corenta e seis (946) millóns de euros, cun incremento de sesenta e tres (63) millóns, o que supón un 7% respecto do exercicio anterior.

A morosidade pechou o exercicio no 2,35%, algo inferior á do exercicio anterior y por baixo da media do sector, algo a destacar nun contexto de tipos de xuro máis elevados que os anos anteriores, e incertezas económicas no ámbito internacional.

A ratio de solvencia acada o 21,16% cunha mellora de máis de dos puntos respecto do ano anterior, debido ao excepcional resultado, o que leva a un nivel próximo ao dobre do nivel requirido polo regulador. Esta mellora afianza a fortaleza da entidade de cara seguir medrando no futuro.

Na súa intervención, o Presidente da Entidade comentou que nos atopamos ante un escenario internacional marcado pola incerteza ao que se veu a sumar un tsunami co resultado das elección en EEUU, reflexionando sobre si nos atopamos ante o final da era da hiperglobalización, e o comezo doutra, a era da revolución tecnolóxica, a transición ecolóxica e a intelixencia artificial, para a cal a economía europea está mal preparada, fragmentada, e por isto resulta máis vulnerable. O presidente da Entidade comentou que é preciso un marco normativo máis sinxelo e homoxéneo a nivel europeo para non perder o tren desta nova era.

Sen embargo, sinalou, empézanse a ver algúns cambios, destacando as medidas adoptadas por Alemania para incrementar gasto en infraestruturas e defensa e que quizais a presidencia de Donald Trump poida tornar nunha bendición para Europa si se fai o que se debera ter feito desde fai anos.

Destacou que Caixa Rural Galega pechou un exercicio 2024 extraordinario demostrando unha vez máis que o modelo, baseado na proximidade, a prudencia e a xestión responsable, é sólido e eficaz.

En relación ao futuro, salientou que a entidade non é allea aos desafíos do entorno, pero afrontaranse cunha folla de ruta clara, cos valores do cooperativismo como guía e coa confianza dos miles de socios que son parte activa deste proxecto, do que adiantou, abordará a apertura de algunha nova oficina.

Para finalizar, e en nome do Consello Reitor, Manuel Varela trasladou agradecementos aos presentes, aos empregados da Entidade, así como ao seu Consello Reitor pola labor de dirección e supervisión, e pola súa visión a longo prazo, e a todos os socios da entidade que un ano máis confiaron na súa Caixa, que é a súa.

⚙ Configurar cookies
0.1609890460968