Caixa Rural estreará na Moexmu o programa de subvencións das compras nas poxas

Representantes da Moexmu 2025 reuníronse esta semana coa dirección de Caixa Rural Galega, unha das entidades patrocinadoras da Feira Multisectorial de Muimenta, para completar a organización antes do evento, que terá lugar a próxima fin de semana, entre o 4 e o 6 de abril.
Caixa Rural, que comezou o seu patrocinio no ano 2022, firmou un convenio con Africor mediante o cal, a entidade bancaria subvencionará as compras nas poxas con 200 euros, medida que entrará en vigor precisamente durante a celebración da Moexmu.
Deste modo, preténdese incentivar a compra de gando regulada e impulsar o sector, que son os obxectivos que figuran no convenio que firmaron no mes de febreiro.