Caldo actuará o 19 na Casa Manuel María de Outeiro de Rei
TerraChaXa
O Concello de Outeiro de Rei, organiza un concerto do grupo Caldo para o 19 de outubro ás 19.
15 Out 2019
O Concello de Outeiro de Rei, organiza un concerto do grupo Caldo para o 19 de outubro ás 19.00 horas na Casa Manuel María.
Este concerto, cadrado co Día dos amigos da Fundación Manuel María, dará comezo a programación cultural do último trimestre do ano.
O concerto é de entrada libre até completar o aforo e pódense facer reservas en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no tel. 698 177 621.
O grupo Caldo, está composto por María Jorge no violín, Pedro Fariñas na guitarra e Anaïs Barbier coa voz e a pandeireta. O seu disco homónimo afonda na revisión do repertorio tradicional e en composicións propias.