Cambian ao Auditorio a aula de estudo da Biblioteca de Vilalba para facer obras

TerraChaXa
O seu horario será de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas
biblioteca-vilalba
13 Jul 2025

O vindeiro luns, 14 de xullo, comezan os traballos de desmonte da aula de estudo para logo iniciar a renovación e remodelación de dito espazo na Biblioteca Municipal de Vilalba.

En consecuencia, a aula de estudo trasladarase provisionalmente á sala da biblioteca do Auditorio Municipal e o seu horario será de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

A Biblioteca Municipal permanecerá sen cambios, na súa localización actual e co horario de verán: os luns de 14:00 a 20:00 e de martes a venres de 8:00 a 14:00 horas.

A aula de estudo regresará á Biblioteca Municipal unha vez rematen as obras nun espazo totalmente renovado e adaptado ás necesidades dos usuarios.

⚙ Configurar cookies
0.16501402854919