Cambian o saneamento nas Pontes entre a rúa San Xoán e a ponte de Perfolla
O Concello das Pontes ten previsto acometer a mellora da rede de saneamento no casco histórico do municipio, no tramo comprendido entre a Rúa San Xoán e a Ponte de Perfolla.
O proxecto, cun orzamento de 30.000 euros, ten como obxectivo prioritario dar solución aos problemas de funcionamento da rede de saneamento municipal provocados pola ruptura dunha das tubaxes que conforman dita rede.
Con tal motivo, procederase á substitución do colector que forma a rede, nun tramo de 24 metros, mediante o aloxamento en gabia, de un tubo de PVC, na mesma posición que a tubaxe actual.
Por outra banda, en ambos extremos do novo tubo, colocaranse nos pozos de rexistro executados con formigón armado que servirán para realizar a conexión coa rede existente.
Así mesmo, rematados os traballos executarase a reposición, ao seu estado orixinal, de todos os elementos afectados polo movemento da maquinaria.