Cambio de directiva na asociación de empresarios de Muimenta

TerraChaXa
A Xunta Directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta, a cal engloba a gandeiros, profesionais e autónomos da Vila, mantivo unha xuntanza, na que se levou a cabo o cambio na presidencia do colectivo empresarial, onde Orencio Fontela lle entrega o testido a Dolores Darriba Lamela.
3 Abr 2020

A Xunta Directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta, a cal engloba a gandeiros, profesionais e autónomos da Vila, mantivo unha xuntanza, na que se levou a cabo o cambio na presidencia do colectivo empresarial, onde Orencio Fontela lle entrega o testido a Dolores Darriba Lamela. Esta reunión tivo lugar antes de decretarse o estado de alarma.

A primeira medida desta nova directiva lembra que se poden realizar as compras básicas e de primeira necesidade nos negocios da Muimenta (tanto para as familias como para os animais de compañía e o gando), gardando sempre as recomendacións establecidas polas autoridades sanitarias. Ademais, de poder encargar a comida nos restaurantes do pobo, para levar as nosas casas

De igual xeito, animan á veciñanza a, unha vez rematada esta situación, se realicen as compras nos negocios do rural, en xeral, e de Muimenta en particular, para, "deste xeito, axudar aos veciños e amigos a poder manter os seus negocios abertos".

A asociación aproveitou para felicitar a Carmen Goas Cordal, que foi presidenta deste colectivo durante varios anos e que aproveitou o confinamento para a confección de mascarillas que, ata a data, ten doado tanto a Xunta de Galicia, así como aos concellos de Cospeito e Abadín.

0.20651412010193