Cambio no FIV por motivos meteorolóxicos

TerraChaXa
As previsión de chuvias na tarde do venres e a mañá do domingo provocaron cambios no desenvolvemento do FIV, que terá lugar dende mañá.
FIV AUDITORIO vilalba
16 sep 2021

As previsión meteorolóxicas previstas para a fin de semana, que anuncian chuvias na tarde do venres e a mañá do domingo provocaron cambios no desenvolvemento do FIV, que terá lugar dende mañá en Vilalba.

Deste xeito, cambian o escenario previsto da praza da Constitución ao auditorio municipal. Debido á limitación do aforo, será imprescindible a reserva de praza para acceder ao local. A organización lembra que o recinto grande do sábado estará ben cuberto polo que se manterá na explanada do pavillón municipal dos deportes.

Así mesmos, ofreceron unha modificación dos horarios dos concertos para adaptarse ás novas situacións.

cambios horarios fiv vilalba
0.080773115158081