Cambios no corpo técnico e na coordinación do Concello de Begonte Fútbol Sala

TerraChaXa
José Roca e Ezequiel adquiren a coordinación das categorías base e a dirección do equipo sénior masculino trala saída de Suso Castro
novo-coordinadores-concello-de-begonte-fs
9 Jan 2025

O Concello de Begonte Fútbol Sala anunciou importantes cambios no seu corpo técnico e na coordinación das categorías base. Suso Castro, adestrador do sénior masculino e coordinador da base, deixa o seu cargo por motivos persoais. A pesar da súa marcha destas funcións, Suso seguirá vinculado ao club, colaborando nalgunhas categorías da base.

O club destacou a súa dedicación durante estes anos, especialmente no labor como coordinador e como adestrador do sénior masculino, equipo ao que levou a postos de play off tras o recente ascenso. A directiva agradeceu profundamente o seu compromiso e desexou que isto sexa só un "ata logo" e non un adeus definitivo.

Coa saída de Suso Castro, as funcións de coordinación das categorías base serán asumidas por José Roca e Ezequiel. Ámbolos dous serán os encargados de continuar facendo crecer a canteira e garantindo que os máis pequenos sigan desfrutando do fútbol sala. A directiva recoñeceu o esforzo destes dous técnicos e comprometeuse a brindarlles todo o apoio necesario nesta nova etapa.

Ademais, Ezequiel asumirá tamén o cargo de adestrador do sénior masculino, compatibilizando este reto co seu traballo como técnico do sénior feminino. A directiva agradeceu a disposición de Ezequiel para asumir esta nova responsabilidade e destacou a confianza depositada nel por parte dos xogadores, o corpo técnico e o club.

Desde o Concello de Begonte Fútbol Sala, expresan optimismo ante esta nova etapa e confían en seguir acadando grandes logros tanto a nivel de base como nos equipos sénior.

0.16118693351746