A campaña para salvar os frescos dos Vilares xa é visible

TerraChaXa
Tres paneis de 70x100 cm están xa colocados na Igrexa dos Vilares.
IMG_20181021_172208
29 Out 2018
Tres paneis de 70x100 cm están xa colocados na Igrexa dos Vilares. Dous na pranta alta ao fondo e outro nun lateral no frente.

Deseñados pola artista Viki Rivadulla, serán a imaxe da campaña de Crowfunding que iniciarán en febreiro para conseguir que sexan os frescos restaurados os verdadeiros protagonistas da igrexa conxuntamente co resto de elementos patrimoniais de grande riqueza. Mentras, é importante sensibilizar sobre a importancia destas pinturas e evitar a súa desaparición.
Oscar Santiago, párroco dos Vilares, facilitou a súa colocación no templo e manifestou o apoio económico para a campaña coa contribución da recadación da próxima Romaría dos Desamparados, pola Pascua. Os Vilares, lareira de soños, editará folletos, gravará un spot, realizará unhas xornadas con especialistas en patrimonio e fará actos públicos divulgativos entre outras iniciativas para salvar "in extremis" as pinturas do Mestre de Parga de máis de 500 anos de antigüidade en serio risco de desaparición.

Despois de 26 anos do seu descubrimento e catro da Lareira de soños reclamando infructuosamente a súa restauración diante das diferentes institucións, local, provincial, autonómica e eclesiástica, obrigandos a iniciar unha campaña de Crowfunding que poñerán en marcha para este 2019 para poder evitar a súa desaparición definitiva diante do deterioro provocado polo abandono, humidades e rozaduras que os teñen levado a unha situación que de los. Actuar con urxencia pode chegar a ser irreversible.

IMG_20181021_174208
0.19231915473938