Cancelada a feira mensual de Friol de febreiro
TerraChaXa
Celebraríase o vindeiro domingo, día 7, pero decidiuse suspendela polas medidas e restricións adoptadas pola covid-19
2 Feb 2021
Á vista das medidas adoptadas pola Consellería de Sanidade, que contemplan entre outras, peche perimetral de todos os Concellos e limitación de reunión de persoas a convivintes, estímase conveniente a suspensión da Feira Mensual do próximo domingo 7 de febreiro.
As seguintes feiras quedarán supeditadas ás medidas que a Xunta de Galicia adopte no sucesivo ao respecto.
Dende o Concello de Friol recórdase a toda a poboación que deben adoptar todas as medidas de protección establecidas polos organismos oficiais.