Cancelada a quedada Lagoa de Cospeito de setembro
TerraChaXa
O grupo BTT Lagoa de Cospeito cancela a cuarta edición da súa quedada anual, cita que non se puido celebrar o ano pasado.
12 Ago 2021
A organización da BTT Lagoa de Cospeito comunicou a súa cancelación para edición deste ano por mor da situación sanitaria. "Lamentamos comunicarvos a decisión tomada polo club de non facela. Debido a actual situación da pandemia, restricións, probas, etc. Preferimos agardar a unha situación de maior normalidade", informaron.
Esta sería a cuarta edición dunha proba que se ía celebrar o 11 de setembro e que tampouco se puido celebrar o ano pasado debido á pandemia do coronavirus.
As primeiras edicións tiveron unha gran aceptación por parte dos deportistas, que fixeron un percorrido por carballeiras e camiños de varias parroquias do concello, incluindo tamén sendeiros pola beira do río Támoga.