Cancelada a V Romaxe Vikinga do Vicedo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O alcalde do Vicedo, Jesús Novo, e os responsables da organización da V Romaxe Vikinga comunicaron a súa cancelación.
17 Xuño 2020

O alcalde do Vicedo, Jesús Novo, e os responsables da organización da V Romaxe Vikinga comunicaron a súa cancelación.

Así, os responsables da organización esperaron ata o último momento para poder tomar unha decisión sobre a celebración.

"As circunstancias actuais obrigan a cumprir protocolos en celebracións e eventos públicos, respectar aforos, e a maiores, aconsellan a tomar decisións responsables coa situación sanitaria", comentan.

Por todo isto, valorando todos os escenarios posibles e sendo consecuentes anunciaron a cancelación da V Romaxe Viquinga que se ía a celebrar os días 24 e 25 de xullo.

"A partir de mañá, afrontaremos o deseño dunha VI Romaxe Viquinga (xa en 2021) que faga que mereza a pena a espera", rematou dicindo Novo.

0.18190693855286