Cancelado o concerto de Zoelas deste sábado na casa de Manuel María

TerraChaXa
Cancelado concerto deste sábado, día 12 de marzo, ás 20 horas, da formación Zoelas, no auditorio da Casa-Museo Manuel María.
cancelado concerto manuel maria
10 Mar 2022

A Casa Museo de Manuel María fixo pública a cancelación do concerto da formación orixinaria de Antas de Ulla, Zoelas, que estaba previsto para o sábado día 12 de marzo, ás 20 horas, para presentar o seu traballo Evelaités, así como das súas últimas e recentes composicións.

Zoelas é un proxecto musical en que se mestura as raíces do canto tradicional con melodías de variados estilos musicais e letras propias que conviven con coplas recollidas. Canto coral feminino con Bea García, Érica García, María Bouzas, Pilar Naveira e Patricia Coucheiro acompañadas de Michel Rivadulla (guitarra), Miguel Varela (percusión) e Bruno Villamor (requinta, zanfona e gaita).

0.090866088867188