Cancelado o Mercado Medieval de Alfoz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Alfoz cancelou o Mercado Medieval tendo en conta a situación actual provocada pola pandemia do Covid-19.
5 Jun 2020
O Concello de Alfoz cancelou o Mercado Medieval tendo en conta a situación actual provocada pola pandemia do Covid-19.
Así, priorizando a seguridade e saúde pública o Concello de Alfoz anunciou a cancelación do Mercado Medieval que debería celebrarse en xullo de 2020 ata o vindeiro ano.
A Concellalía de Cultura está traballando para ofrecer alternativas culturais como música e teatro e que sexan compatibles coas medidas de seguridade establecidas, ao igual que a Concellalía de Igualdade.
A partir do mes de xullo levaranse a cabo distintas actividades de ocio e cultura para recuperar pouco a pouco a vida cotiá.