Candamil está de festa este sábado

TerraChaXa
A parroquia de Candamil, en Xermade, celebra as súas festas na honra a San Roque este sábado día 13 de maio
Candamil Festas portada
Candamil Festas portada
11 Maio 2023

A parroquia de Candamil, en Xermade, celebra as súas festas na honra a San Roque este sábado 13 de maio.

O día dará comezo cunha misa e procesión ás 13.30 para continuar coa sesión vermú a cargo do dúo Eclipse.

Haberá xantar a cargo de Rochela e o menú consistirá en xamón cocido, callos, costela asada con patacas cocidas, pan, bebida, postre, café e chupito.

A verbena da noite contará outra vez coa actuación do dúo Eclipse e ademais estará tamén o dúo Pedriñas.

Candamil Festas
0.089690923690796