Candia asegura que o PP non disolvería Suplusa se estivera gobernando a Deputación
“Se o Partido Popular tivera responsabilidade de Goberno na Deputación de Lugo, non tomariamos a decisión de disolver Suplusa”, manifestaron os populares durante a sesión plenaria extraordinaria da institución provincial, así como a voceira Elena Candia a preguntas dos xornalistas antes do incio da mesma.
“Xa que a disolución de Suplusa, que parece formar parte do pacto de Goberno entre o PSOE e o BNG, se nos impón porque dispoñen da maioría para facelo”, dende o Grupo Popular adoptaron a decisión de participar no proceso liquidador porque, defenderon, “é a posición máis responsable coa provincia e co diñeiro público que leva gastado Suplusa e que foi moi importante no desenvolvemento de solo industrial e para os servizos sociais”.
Neste senso, e dentro da “responsabilidadade” que caracterizou sempre a acción do Grupo do PP, expuxeron que “é o noso deber poñer en valor o que conquiriu Suplusa nos últimos catro anos nos que nós participamos activamente”. Algúns exemplos son “o polígonos coma o de Chantada ou os propios edificios das residencias que se foron construíndo e rematando no marco cronolóxico que marcaba o Goberno. Para iso si que parece que servía Suplusa”, explicaron.
Deste xeito, os populares da institución provincial con esta decisión buscan “defender a continuidade dos proxectos que están en marcha tras ser desbloqueados nos últimos anos como, por exemplo, o polígono de Cospeito onde había unha demanda real de solo industrial”, ademais de garantir o mantemento e as condicións tanto dos traballadores contratados, como do persoal que foi seleccionado para traballar nos centros.
Con este fin, reclamon “coñecer como se vai realizar o proceso de integración dos traballadores porque aínda non temos ningunha información sobre o tema”. E é que “hoxe unicamente se inicia o trámite; pero, máis alá deste paso formal, non hai ningunha decisión sobre o contido que poidamos valorar para tomar unha decisión ao respecto”, remarcaron.
Neste senso, dende o Partido Popular lembraron que “todo isto estalla por un debate interno do PSOE moi grande que se viviu no pasado mandato e que danou a imaxe desta institución. Nós, dende o Grupo Provincial do PP, nunca participamos en danar a imaxe da institución. Sempre intentamos, dende dentro, actuar con responsabilidade e sen abandonar os órganos onde temos responsabilidade porque para iso adquirimos a responsabilidade de ser deputados”.
Agora, salientaron, “imos estar tamén con moita responsabilidade facendo un labor de vixilancia e control, que é o que nos corresponde por estar na oposición, nun procedemento no que a decisión non foi nosa; pero na que si que entendemos que debemos participar e non mirar os touros dende a barreira porque só nas residencias son máis de 10 millóns de euros os que se levan xestionado e, polo tanto, temos a obriga de poñelas en marcha”.
ECONOMÍA. Noutra orde de asuntos, os populares tamén criticaron que, no que foi o primeiro Pleno da lexislatura, os socialistas incluísen dous asuntos de carácter económico de especial relevancia como son o Plan Econonómico Financieiro e o recoñecemento extraxudicial de facturas; o que pon en dúbida “a xestión deste goberno e dos anteriores”. Así, o vicevoceiro, Javier Castiñeira, subliñou que “isto é un mal asunto” e pediu ao presidente que explicase publicamente que medidas pretende levar o Goberno para que os máis de un millón e medio de euros que figuran no reaxunte de dito Plan por incumplir a regra de gasto non condicionen investimentos que ten proxectados a Deputación, como poden ser as residencias da terceira idade.
Polo que respecta ao segundo asunto, que inclúe 75.000 euros da Granxa Gayoso Castro en facturas que aínda non foron pagadas pola entidade provincial, Castiñeira criticou que “esta non é a primeira vez que acontece”; o que supón “un problema de organización, xa que son gastos ordinarios de calquera granxa”. Por elo, o vicevoceiro do PP tamén se dirixiu ao titular provincial para coñecer as previsións do equipo de goberno respecto do posto de dirección de ditas instalacións. Ao igual que no punto anterior, o presidente eludiu respostar a Javier Castiñeira.
RAIOLAS. Os populares tamén deron o apoio ao convenio da subvención outorgada a Raiolas Lugo, pois, tal e como subliñou Elena Candia, nunha intención de amosar o respaldo do Grupo que dirixe, e de ser “un recoñecemento público polo traballo diario que está a facer este colectivo non só na cidade, senón na provincia”.