Candia celebrará as festas de San Pedro e Santa Isabel os días 5 e 6 de xullo

A parroquia de Candia, en Abadín, prepárase para festexar San Pedro e Santa Isabel os vindeiros días 5 e 6 de xullo, converténdose nun dos puntos de encontro para a veciñanza e visitantes durante esta primeira fin de semana do mes.
O sábado 5 haberá misa solemne ás 13:00 horas, procesión e sesión vermú amenizada por Fusión Latina, que tamén se encargará da verbena nocturna xunto ao Trío Merengue, garantindo a música e o baile ata altas horas.
O domingo 6 volverase celebrar a misa solemne, procesión e sesión vermú, nesta ocasión coa música do Trío Merengue, que poñerá o broche final ás festas de Candia deste 2025.
As actividades contarán cun campo cuberto con carpa para garantir o desenvolvemento dos actos aínda que a climatoloxía non acompañe, co obxectivo de que veciñanza e visitantes poidan gozar destas festas tradicionais nun ambiente de encontro e celebración.