Elena Candia subliña a unidade do PP provincial fronte a un PSOE "en crise"

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A presidenta lucense reuniuse na súa Xunta Directiva con deputados, senadores, alcaldes e portavoces para valorar o curso político e organizar a actividade dos próximos meses
xunta-directiva-provincial-pp-lugo
31 Jul 2025

A presidenta do PP lucense, Elena Candia, destacou “o traballo constante e próximo aos lucenses” durante a reunión da Xunta Directiva Provincial na que participaron deputados, senadores, alcaldes e portavoces e na que trazaron as liñas de acción para os vindeiros meses.

A presidenta subliñou “a unidade do Partido Popular como demostrou no último Congreso nacional” que, por certo, contou con destacada participación lucense.

Fronte a isto, lembrou un PSOE “baixo mínimos” atravesando unha “crise interna” na provincia marcada por unha “clara falta de apoio ao seu secretario xeral” que se evidenciou non só coa ausencia de tres deputados ao Pleno do pasado mes de xuño, senón porque ningún outro deputado, alcalde ou portavoz presentou na provincia a iniciativa anunciada polo propio Tomé en contra da presidenta da formación popular. “Tampouco conta o líder socialista co seu socio no goberno da Deputación de Lugo, o BNG” que se desmarcou á hora da votación desa mesma proposta.

Tamén lembrou que os “representantes do PSOE da provincia son máis sanchistas que lucenses ao seguir defendendo o Goberno de Sánchez, salpicado pola corrupción” no entorno do propio presidente.

O Partido Popular continúa a traballar “de forma seria, con rigor e previsión” e “da man dos veciños e veciñas”. O Grupo Municipal Popular está a liderar no Concello de Lugo propostas en consonancia coas demandas dos veciños. Na provincia, o Grupo Provincial Popular reivindica “a igualdade de trato entre os concellos” e que PSOE e BNG cumpran o que ten prometido o goberno provincial.

Os deputados autonómicos pola provincia levan ao Parlamento de Galicia propostas para atender as necesidades dos galegos e lucenses e que o Goberno galego está a aplicar “cunha folla de ruta claramente marcada, cumprindo os seus compromisos, avanzando en proxectos importantes para a provincia e elaborando as contas do vindeiro ano co obxectivo de aprobalos en tempo e forma”.

Fronte a un Goberno en Galicia “forte, estable e comprometido coa xestión dos intereses dos galegos e galegas”; en España, “o Goberno de Sánchez está máis centrado en “contentar aos seus socios e defenderse da corrupción que rodea a persoas próximas ao presidente”.

Estas son as denuncias habituais que formulan os deputados nacionais e os senadores lucenses; ademais de pedir explicacións ao Executivo estatal pola “discriminación a Galicia e á provincia, a única do entorno sen conexión coa alta velocidade e sen apoios do Goberno de Sánchez para o desenvolvemento industrial” e presentar propostas para demandar melloras para a provincia en distintos ámbitos.

Candia sinala que “o Partido Popular de Lugo está a ser propositivo e reivindicativo dende as distintas Cámaras nas que ten representación” e, coincidindo co ecuador dos actuais mandatos municipais e nacionais, convida aos representantes públicos, pero tamén a tódolos lucenses, a “seguir traballando dende a humildade, a escoita e a coordinación coa convicción de que o proxecto do PP é o futuro da provincia e de España”.

⚙ Configurar cookies
0.19641494750977