'Canta miña pedra, canta', chega a Vilalba
TerraChaXa
Este domingo 24 ás 18:00 horas os nenos vilalbeses poderán desfrutar no auditorio Carmen Estévez da obra Canta miña pedra, canta, un espectáculo familiar dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos que levarán adiante o músico Xoán Curiel e a contadora Charo Pita, baixo xestión da Editorial Galaxia.
22 Mar 2019

Tras o seu éxito con Estamos no verán!!! e con A casa do terror, Xoán Curiel volve ao FalaRedes acompañado desta volta da narradora e contadora Charo Pita. A actividade xira arredor dos relatos populares galegos e mais de cancións que don Antonio Fraguas, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, recolleu nas súas Aportacións ao Cancioneiro de Cotobade.
Co obxectivo de que o público que ve o espectáculo poida seguir afondando na lectura en galego e no coñecemento do noso patrimonio lingüístico e literario, cada familia asistente recibirá antes de marchar unha pequena antoloxía de narracións tradicionais de Galicia escolmadas por Quique Harquindey e Maruxa Barrio titulada O fillo do rei e outros contos populares.