"Cantando a Manuel María" polo seu cabodano

TerraChaXa
Cada 8 de setembro, a Irmandade Manuel María e a Asociación Xermolos celebran a “Memoria da Chaira enteira” dedicada a espallar a vida e a obra do poeta e a visualizar os vencellos que foi creando con mulleres e homes do noso pobo.
31 Ago 2017

Cada 8 de setembro, a Irmandade Manuel María e a Asociación Xermolos celebran a “Memoria da Chaira enteira” dedicada a espallar a vida e a obra do poeta e a visualizar os vencellos que foi creando con mulleres e homes do noso pobo.
A primeira das actividades dunha xornada dedicada ao poeta vai ser a estrea do documental "Cantando a Manuel María" de Gonzalo Veloso que se recrease nas paisaxes e espazos que Manuel María habitou e defendeu; ademais da incluír conversas cos amigos e especialistas na súa obra, así coma os seus poemas cantados por Fuxan os Ventos, A Quenlla e Mini e Mero. A proxección vai ter lugar no Restaurante Río Ladra en Gaioso ás tres e media da tarde. As persoas interesadas en participar no xantar de confraternidade deben anotarse no teléfono 646 413 890.
"A Navalla do Manuel" a Anxo Lamas e Agustín Fernández Paz
Neste ano van estregarse as navallas do Manuel ao creador de Bazar de Castro de Rei, Anxo Lamas, e ao escritor vilalbés Agustín Fernández Paz, a título póstumo. Dous creadores que veñen ser celebrados neste ano por estes colectivos. A Agustín dedicaronlle a Festa da Fala, o San Alberte ao que el acudeu de neno, e o Festival de Pardiñas, en concreto a revista e o pregón de Fina Casalderrey, e estan a agradecer a Anxo Lamas a súa doazón da colleita de pintura: “Imaxes e Palabras” coa que están a percorrer o país: Lugo, A Coruña, O Carballiño..., e proximamente Sada.
Coma en anos anteriores, os organizadores entregan duas estampas dedicadas a Manuel María e neste ano a Anxo Lamas e Agustín Fernández Paz. Os textos son de Mero Iglesias e a obra plasticas de María Guerrero e Valdi.
Na xornada vai haber música e poesía, pricipiando en Penas de Rodas, de seguido no cemiterio de Outeiro de Rei para rematar no Campo de Santa Sabela con recitado dos versos de Manuel María e cantautores coma Quintas Canella, Miro Casabella, Antón Vicente ou Mini e Mero, entre outros.

0.17978000640869