Cantigas e Agarimos presentan 'Balbino' en Vilalba

TerraChaXa
Cantigas e Agarimos presenta o seu novo espectáculo, "Balbino", no auditorio de Vilalba o domingo 15 de outubro a partir das oito e media do serán.
9 Out 2017

Cantigas e Agarimos presenta o seu novo espectáculo, "Balbino", no auditorio de Vilalba o domingo 15 de outubro a partir das oito e media do serán.

O espectáculo, do programa Danza 3 que promove AGADIC, conxuga baile e música como recursos obvios, así como outros non tan previsibles pero enormemente relevantes, que acompañan a un reparto de máis de 90 artistas para situar ao público no escenario vital dun neno de aldea, pero dende un punto de vista orixinal. A novela “Memorias dun neno labrego”, do recentemente finado Xosé Neira Vilas, serve como punto de partida para crear unha proposta multidisciplinar que medra ao longo das diferentes escenas que reflexan a sociedade galega de mediados do século XX: as clases sociais, o éxodo, os costumes ou a rebelión reprimida.

A entrada, por un prezo único de 10 euros, pódese atopar en Ataquilla.com, na Casa da cultura e o día da actuación na billeteira do auditorio.

Escola Municipal de Teatro
O venres 13 de outubro remata o prazo de inscrición na Escola Municipal de Teatro para o novo curso 2017/2018.

0.076817035675049