Carballido celebra as festas na honra a San Roque os días 26 e 27 de xullo

A parroquia de Carballido, pertencente ao concello de Vilalba, prepárase para vivir unha fin de semana chea de tradición, música e celebración con motivo das festas na honra a San Roque, que terán lugar os días 26 e 27 de xullo.
O sábado, ás 13:30 horas, celebrarase a misa solemne seguida da procesión. Ao rematar, haberá sesión vermú coa actuación da orquestra Dinastía. Pola noite, a festa continuará cunha gran verbena a cargo da mesma orquestra Dinastía e do trío Karma, garantindo un ambiente animado e festivo ata altas horas.
O domingo 27 de xullo repetirase o programa relixioso, coa misa solemne ás 13:30 horas e a posterior procesión. A continuación, terá lugar a sesión vermú e, xa pola noite, a verbena será amenizada polo grupo Lume, poñendo o punto final ás festas.