Carballido celebra este sábado o Entroido cun xantar e un baile

TerraChaXa
O evento comezará ás 14:00 horas cunha sesión vermú a cargo do grupo JB Son
carnaval-carballido
24 Feb 2025

A parroquia de Carballido, en Vilalba, celebrará o vindeiro sábado 1 de marzo a súa XXII edición do Entroido e baile de disfraces, unha festa que promete diversión para todos os asistentes.

O evento comezará ás 14:00 horas cunha sesión vermú a cargo do grupo JB Son. A continuación, terá lugar unha comida popular dentro da escola, cun menú tradicional composto por callos, churrasco, pan, viño ou refrescos. O prezo do xantar será de 20 euros, mentres que os nenos ata 10 anos poderán asistir de balde.

Ademais, haberá premios para os mellores disfraces, fomentando así a creatividade e a participación no espírito do Entroido. A festa culminará cunha gran verbena nocturna a cargo do mesmo grupo musical.

O evento desenvolverase nun campo cuberto con carpa pechada e climatizada, garantindo comodidade para todos os asistentes. Para máis información, os interesados poden contactar co número 607 87 52 39 (Carlos).

⚙ Configurar cookies
0.40043210983276