Carballo Vivo celebra o 7 unha xornada de dinamización
A Asociación Carballo Vivo de Friol celebrará este sábado, día 7 de setembro, unha xornada de dinamización na que combinará obradoiros cunha andaina e unha visita cultural.
A programación arirncará ás 10.30 horas diante da praza Andón Cebreiro, onde están citados todos os participantes para saír ata a parroquia de Anafreita, donde comezará, ás 11.15 horas, unha ruta guiada ata a Cova da Serpe cunha duración de tres quilómetros.
Unha vez finalizada a mesma terá lugar, ás 12.30 horas, unha visita guiada ao Museo Fortaleza de San Paio de Narla antes do xantar que se celebrará en Casa Benigno.
Xa pola tarde continuarán as actividades cun obradoiro de dinamización cultural, coordinado por Matías Nicieza e Bernardo Panabade, impulsores do Modelo Burela.
Esto obradoiro consistirá nun percorrido por distintos puntos do concello e con paradas na igrexa de Friol, no comercio Casa Terrón, na explotacións gandeiras Traloagro e Casa Bértolo, no cemiterio de Carballo e no propio centro social da asociacion organizadora.
Esta actividade é gratuíta e está aberta á participación de todos os públicos, tanto en todas como só en algunha das citas da xornada.
Os interesados en facer a inscrición poden comunicarse coa organización antes do 5 de setembro a través do teléfono 647 084 545 ou do correo carballovivo@gmail.com. Os que participan no xantar deberán abonar 12 euros.