Carballo Vivo celebra o sábado en Friol o seu popular magosto

TerraChaXa
A Asociación Carballo Vivo de Friol organiza un ano máis o seu popular magosto, que nesta ocasión será este sábado 23 de novembro ás 21:00 no centro social de Carballo.
CANTOS DE TABERNA DEFINITIVO
21 Nov 2019

A Asociación Carballo Vivo de Friol organiza un ano máis o seu popular magosto, que nesta ocasión será este sábado 23 de novembro ás 21:00 no centro social de Carballo.

Nesta celebración poderase votar no concurso sobre este delicioso alimento, a castaña máis grande, a máis pequena e castaña ou landra máis orixinal. Tamén haberá un concurso fotogáfico co tema do outono, pero para poder participar haberá que enviar as fotos a carballovivo@gmail.es antes do 22 de novembro.

0.14819097518921