Carballo Vivo celebra unha quedada en bici de monte

TerraChaXa
A Asociación Carballo Vivo de Friol organizou unha quedada en bici de monte que se celebrará mañá, sábado, 8 de decembro, a aprtir das 10.
7 Dec 2018

A Asociación Carballo Vivo de Friol organizou unha quedada en bici de monte que se celebrará mañá, sábado, 8 de decembro, a aprtir das 10.00 horas.

A concentración sairá da praza Andón Cebreiro e terá un percorrido de 40 quilómetros. Todos os participantes reuniranse ás 14.30 horas para un xantar na Casa Benigno.

Os interesados en participar poden apuntarse no teléfono 647 084 545 ou na dirección de correo carballovivo@gmail.com.

0.17818593978882