Caritas Alfoz Valadouro agradece a colaboración dos veciños

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A coordinadora de Caritas interparroquial Alfoz Valadouro, Loli Monterroso Mejuto, comunicou o agradecemento "moi especial aos veciños".
18 Maio 2020

A coordinadora de Caritas interparroquial Alfoz Valadouro, Loli Monterroso Mejuto, comunicou o agradecemento "moi especial aos veciños".

"Dende Caritas Interparroquial Alfoz Valadouro, queremos agradecerlle a todas as persoas as súas doazóns desinteresadas e tan valiosas neste momento que estamos a vivir na nosa contorna polas consecuencias desta pandemia. Aínda que todas as aportacións son importantes queremos facer unha mención especial ó Grupo de Teatro Raiolas e ó Patronato de Damián. Con estas doazóns estanse cubrindo necesidades básicas en alimentación e aluguer entre outras, a varias familias da zona."

0.089004039764404