Cáritas organiza en Vilalba un curso de alfabetización dixital

TerraChaXa
31 Jan 2019

Vilalba iniciará un curso de alfabetización dixital a desempregados de longa duración con escasa ou nula formaiacón e experiencia laboral, con graves dificultades económicas e sen axudas sociais, que ese atopen en risco de exclusión social.

O curso está organizado por Cáritas Dioecesana de Mondoñedo-Ferrol, a través da delegación vilalbesa e está financiado polo Fondo Social Europeo.

Os cursos teñen unha duración de cen horas lectivas e terán lugar nas instalacións do Centro Sociocomunitario de Vilalba. Os encargados da docencia serán os voluntarios da Asociación de Voluntarios de Informática da Galicia (Avigal) na ciber aula de dito centro, financiada pola Fundación La Caixa.

O principal obxectivo deste curso é formar a persoas que non teñen acceso ás novas tecnoloxías pola súa situación de vulnerabilidade sociolaboral e que deste xeito podan desenvolver as habilidades e destrezas necesarias do contexto socioeconómico actual.

O curso, ao que asisten sete alumnos, consta de 100 horas de formación e acabará en marzo.

0.1587438583374