Carla Trillo incorpórase ao club Ría de Foz
Carla Trillo incorpórase ao proxecto do club Ría de Foz, así, esta semana o club viu reforzado a categoría absoluta feminina.
A atleta, nada en Burela en 1984, súmase ao proxecto coa súa constancia, sacrificio e superación persoal tanto no deporte como na vida. Foi gañadora do circuíto Tour Mariña 2018 e 2º posto no 2019; 3° posto do circuíto Corre con Nós no 2019 e 2ª no 2018; 2º posto senior no Campionato de Galicia de 5K en ruta do 2018; 3º posto senior na carreira SinSon 2018 e 3º posto por equipos no Cross Galego das Pontes. Ademais, destacamos as súas mellores marcas: Milla (5'36''), 5K (19'20'') e 10K (39'50''). Na modalidade de Trail acadou o 1º posto no Trail Curto do Comado 2018; 2º posto no Toxiza Gran Trail 2018; 1º posto na Camovi de 2019 (21K); 1º posto no Xove Costa Trail (25K) 2019; 1º posto no Trail Mosteiro de Caaveiro 2019 (28K); 1º posto no Trail Longo do Comado 2019 e 2° posto senior no Trail Vía Flavius 2020.
Coa súa incorporación, o Ría de Foz gaña unha atleta multidisciplinar que se manexa con moita soltura na ruta, no campo a través e no trail, sendo esta última modalidade a que máis desfruta.