Carlos Baute, actuación destacada do programa das festas de Vilalba

Como non pode ser doutra maneira, a música terá gran protagonismo nestas festas. O programa contará cunha gran variedade de estilos e artistas para que todos os veciños da localidade vilalbesa, tanto os máis pequenos como os maiores, poidan desfrutar e bailar ao ritmo do que máis lles gusta.
A actuación musical estelar deste ano é a do cantante venezolano Carlos Baute, o cal deleitará aos veciños do concello cos seus temas máis coñecidos e os que non o son tanto.
O concerto, será o mércores 3 de setembro, no Campo da Feira ás 23.30 horas.
Baute, naceu en Caracas en 1974 e xa desde rapaz expresou o seu gusto polo canto e a composición de cancións. Aos trece anos, formou parte do grupo musical Los Chamos, cos cales logrou gravar o disco Con un pouco de amor, que foi o seu primeiro proxecto musical.
En 1994 publicou o seu primeiro disco como solista, Los Orígenes, e en 2004 tivo o seu auxe definitivo con De Mi Puño Y Letra, no que publicou o seu tema tan famoso aínda hoxe, Colgando En Tus Manos, con Marta Sánchez.
Malia o éxito, seguiu activo na música todo este tempo, co lanzamento de traballos discográficos, colaboracións e a exploración de novos xéneros. O último proxecto musical de Carlos Baute é o seu álbum titulado Del Caribe Soy, anunciado en novembro de 2024.
É unha viaxe ás súas raíces caribeñas e aos ritmos que marcaron o seu crecemento musical.
Ademais, en abril de 2025, lanzou o seu novo sinxelo Hay Fuegos.