Carlos Blanco fará cos seus monólogos dous pases en Ribadeo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
25 Xan 2020

O humorista Carlos Blanco fará finalmente unha dobre actuación o 1 de febreiro en Ribadeo cun resumo dos seus mellores monólogos debido a que se esgotaron as entradas para a primeira sesión, prevista para as 20.00 horas no auditorio municipal.

Así, haberá unha segunda actuación o mesmo día ás 22.00 horas para a que as entradas xa están á venda.

Esta actuación englóbase dentro do ciclo Humor no Camiño.

En decembro 2019 a APSX Sagrado Corazón de Lugo, entidade sen ánimo de lucro que organiza actividades de índole deportivo e cultural, puxo en marcha cofinanciado polo programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia, o proxecto Humor no Camiño.

Consiste nun programa de 10 actuacións en clave de humor (monólogos) por 10 vilas ou cidades por onde pasa o Camiño de Santiago. O proxecto que se desenvolverá entre o 28 de decembro e o 18 de abril conta con artistas coma JJ Vquero, Carlos Balnco, David Perdomo, Nacho García, Dani Fontecha, Pedro Brandariz, Pepo Suevos ou Xan Veiga.

As vilas e cidades onde serán as actuacións son Lugo, Vilalba, Ribadeo, Mondoñedo, Sarria, Baleira, Castroverde, Fonsagrada, Melide e Portomarín.

As entradas están xa á venda en ataquilla.com.

0.1879711151123