Carlos Blanco regresa a Meira polo Nadal co seu espectáculo 'A Penúltima'

O humorista e actor Carlos Blanco volverá este Nadal a Meira para presentar o seu espectáculo 'A Penúltima'. A cita será o vindeiro 26 de decembro, ás 21.00 horas, na Casa da Cultura de Meira, nun evento promovido pola Asociación Cultural M de Meira, co apoio do Concello e da área de Cultura da Deputación de Lugo.
A entidade organizadora avanzou que nos próximos días abrirase a venda de entradas para facilitar as reservas do público, que cada ano responde con gran interese ás visitas do artista. 'Coma o turrón, Carlos Blanco volve polo Nadal', lembran desde a asociación, que anima á veciñanza a estar pendente das novidades para non perder a oportunidade de gozar dun dos referentes do humor galego.
O espectáculo forma parte da programación cultural de inverno e promete unha noite de risas e retranca na que Carlos Blanco combinará reflexión e comedia, fiel ao seu estilo característico.