Carlos Branco volve a Vilalba coa representación de 'Unha noite na praia'

TerraChaXa
O Auditorio Carmen Estévez de Vilalba acollerá a representación da obra Unha noite na praia, unha comedia co mar de fondo a cargo de Carlos Branco e Xosé A.
Captura de pantalla 2019 04 08 a las 15.15.18
20 Abr 2019

O Auditorio Carmen Estévez de Vilalba acollerá a representación da obra Unha noite na praia, unha comedia co mar de fondo a cargo de Carlos Branco e Xosé A. Touriñán e escrita por Javier Veiga.
Touriñán e Branco volven á escena despois de cultivar numerosos éxitos coa obra Somos Criminais. Nesta ocasión os actores interpretan a Klaus e Manuel, un galego que traballa nun chiringuito e un turista sueco, que coinciden á tardiña nunha praia fronte ao mar. Klaus e Manuel comezan a falar e comparten anécdotas e recordos. Pero aos poucos van saíndo tamén os medos, os soños e as inseguridades. E finalmente son secretos e confesións que se cadra sería mellor non confesar.
Nesta ocasión celebraranse tres pases, un o venres día 10 de maio ás 21:00h e dous o sábado 11 ás 20:00h e ás 22:30h. As entradas terán un custe de 16 euros en venda anticipada e 18 o día da actuación. Estas xa están á venda na Casa da Cultura de Vilalba de 11.00 a 13.00 horas e de 17:30 h a 21.00, ou na venda online de Ataquilla.com.
A idade recomendada para esta obra é  a partir dos 16 anos.

0.094573020935059