Carlos Fernández Coto falará de 'Patrimonio invisible' este venres en Vilalba

TerraChaXa
Ofrecerá unha conferencia que terá lugar ás 20:30 horas, na casa da cultura
conferencia-de-carlos-fernandez-coto-patrimonio
Cartel do evento
30 May 2024

O Iescha organiza a conferencia O Patrimonio Invisible, impartida por Carlos Henrique Fernández Coto, presidente de Apatrigal, que terá lugar o venres 31 de maio, ás 20:30 horas, na casa da cultura de Vilalba. Presentará o acto Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.

A entrada será libre ata completar aforo.

Carlos Henrique Fernández Coto (A Estrada, 1960) é un arquitecto galego especializado en patrimonio cultural, rehabilitación e rexeneración urbana.

Carlos H. Fernández Coto é arquitecto pola Universidade de Santiago de Compostela desde 1988 e doutor en arquitectura, especializado en urbanismo e restauración arquitectónica pola Universidade da Coruña. Entre outras formacións especializadas, realizou un máster en restauración arquitectónica e o título formación de axente da propiedade inmobiliaria.

Exerceu como arquitecto municipal da Pobra do Caramiñal e desde 2022 é director da Oficina de Rehabilitación de Rianxo. Fernández Coto promove a difusión e protección do patrimonio cultural, arquitectónico, urbano e inmaterial de Galicia desde diferentes foros e
actividades. Desde 1988 traballa como arquitecto no seu despacho profesional e en Alforo, estudio do que é socio cofundador e director executivo. Fernández Coto realizou obras en España e Portugal, entre outras, diversos edificios para empresas como Caramelo, Sondeos del Norte ou Euroográficos, a pasarela peonil da Cidade da Cultura de Galicia, o pavillón da candidatura do Patrimonio da Torre de Hércules.

0.16684794425964