Carlos Gómez Osa fará un concerto con cantigas de obras de Manuel María

TerraChaXa
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza o día 16 de maio de 2024, ás 20:00 horas, na casa da cultura de Vilalba, o Concerto de Carlos Gómez Osa Cantigas para andar a Terra Chá, cando se cumpren 70 anos da primeira edición do libro de Manuel María Terra Chá.
13 Maio 2024

A Terra Cha somentes é:
un povo aquí, outro acolá,
mil arbres, monte raso,
un ceo chumbo e tráxico
no que andan as aves a voar.
O resto é soedá.

Así comeza unha das seccións do poemario de Manuel María, e así dará comezo tamén (e final) o concerto Cantigas para andar a Terra Chá. Carlos Gómez Osa, co acompañamento da súa guitarra, porá a súa música e a súa voz a 20 poemas deste magnífico libro escrito por Manuel María.

0.08623194694519