Carlos Veiga renuncia a presentarse polo PP de Meira nas próximas eleccións

TerraChaXa
Carlos Veiga anunciou que, “por motivos persoais” renuncia a repetir como candidato nas vindeiras municipais.
carlos veiga pp meira
4 Feb 2023

Carlos Veiga vén de comunicar á dirección provincial a súa decisión persoal de non repetir como candidato do Partido Popular á alcaldía de Meira nas vindeiras eleccións municipais e así mesmo xa non será o voceiro do grupo municipal, cargo que ostenta dende que foi elixido no congreso da agrupación de Meira celebrado en abril do 2019.

Veiga é concelleiro dende o ano 2019 e continuará ata o remate deste mandato como voceiro do Grupo Municipal Popular exercendo o seu labor como concelleiro e atendendo ás responsabilidades como representante dos veciños na corporación municipal. Nese sentido, traslada o seu agradecemento aos veciños polo seu apoio e ao Partido Popular da provincia pola confianza que depositaron nel durante estes anos.

A dirección provincial amosa o seu agradecemento polo seu traballo defendendo os intereses dos veciños e polo seu compromiso co Partido Popular da provincia. O PP nomeará en próximas datas a persoa que se encargará de representar ao PP de Meira nas vindeiras eleccións municipais.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.065359115600586