Carlos Yobani, entre os deportistas que reciben unha achega da Deputación

TerraChaXa
O loitador vilalbés é un dos beneficiarios destas axudas, que oscilan entre os 300 e os 1.500 euros en función dos méritos deportivos
2 Feb 2021

Un total de 178 deportistas recibirán este ano as achegas da Deputación, que oscilan entre os 300 e os 1.500 euros en función dos méritos deportivos acreditados, entres os que se atopa o loitador Carlos Yobani.

As bolsas benefician a deportistas empadroados na provincia, con licenza federativa e menores de 35 anos, de diferentes modalidades: atletismo (67), piraguismo (26),pentatlón moderno (19), tiro olímpico (12), natación (10), judo (10), taekwondo (9), karate (7), hípica (4) , surf (3), squash (2), kickboxing (1), tenis (1), ximnasia (1), billar (1), triatlón (1), bolos (1), remo (1), orientación (1) e loita (1).

As contías establéceronse en función dos logros deportivos, tendo como referencia os postos acadados en campionatos e ránkings mundiais, europeos, españois, galegos ou provinciais ao longo de 2019.

Asi, as maiores contías -entre 1000 e 1500 euros- recibíronas atletas como Jairo Salgueiro, Manuel Hurtado, Adiaratou Iglesias, Adrián Ben, Saleta Fernández ou Nuria López; o triatleta Esteban Basanta; o taekwondista Daniel Areán; o piraguista Ramón González; o loitador Carlos Yobani; as pentatletas Mercedes Vila, Andrea Vidal, Thalia Abiba Oyono e Manuel Fernando Cobas; e o xogador de billar Francisco Doval.

0.18831706047058