Carlota López Pardo será a pregoeira da Moexmu 2024
A comisión organizadora da Moexmu 2024 informa que Carlota López Pardo, vicepresidenta do Grupo Aresa será a pregoeira da XL edición da Mostra Exposición de Muimenta – Moexmu, que terá lugar o venres 5 de abril, a partir das 19.00 horas.
Colle o relevo de Carmen Uz, xornalista da Pastoriza e presidenta da Asociación de Xornalistas da Provincia de Lugo (dende o verán do 2022).
Lembramos que a Moexmu foi galardonada co XXIV Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, recollendo este o pasado 1 de marzo na Facultade de Veterinaria.
Por outra banda, segue aberto o prazo para a reserva de stand así como apuntar as cabezas de gando para o concurso e exposición de gando selecto.
A data de celebración serán entre o venres 5 e o domingo 7 de abril do 2024, e as edicións a celebrar son a XL Mostra Exposición de Muimenta – Moexmu, o XXXVIII Concurso de Gando Frisón, a XXXVIII Exposición da Gando de Raza Rubia Galega, a XXVIII Poxa de Gando Selecto e o VI Monográfico de Can de Palleiro.